Dividimos as nosas creacións en dous tipos principalmente:
tartas escultura e tartas decoradas. A diferenza principal é que nas primeiras
toda a tarta ten a forma dun obxecto ou composición de varios, o segundo tipo é
unha tarta con forma cadrada o redonda de un ou varios pisos sobre a que
dispoñemos a decoración. A decoración pode ser pintada, en relevo, con figuras
exentas ou todo combinado.
Para nós é tan importante o sabor como a decoración e pensamos
que, se estamos dispostos a facer un deseño personalizado, tamén podemos facer
a receita que ti prefiras, a túa favorita, facemos as tartas recheas do que
queiras: chocolate, mousse, nata, merengue, crema, froitas … con biscoito tamén
do sabor que máis che guste. Tamén podemos facer receitas clásicas como red
velvet, sacher, etc. Para nós é fundamental que o sabor sexa tan saboroso como
espectacular a decoración.
O noso traballo coas tartas é exclusivamente previo encargo.
Facemos as nosas tartas con toda a dedicación que cada proxecto require e cos
nosos deseños. Non temos un prezo estándar, e imposible dada a particularidade
de cada proxecto, de modo que pídenos presuposto sen compromiso e
responderémosche da maneira máis clara posible. No prezo inflúe o número de
racións, a complexidade do deseño, os ingredientes e se hai que portala ou vés
ti a por ela.
Se queres facernos un encargo debes prevelo a lo menos cunha
semana de antelación se é posible e tratar de ser o máis concreto que podas cos
teus desexos sobre a tarta para o teu evento para que todo saia o mellor
posible. Leva tempo deseñar a tarta e mercar tódolos ingredientes ben
fresquiños e queremos que todo saia perfecto para que o desfrutedes ó máximo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario